
7.1 Autoavaliación
Frecuentemente, o ROLP sae ben, ata moi ben; e, por iso, non é necesario facer ao final reflexión especial algunha: é mellor deixar as cousas así. Pero, ás veces, resulta moi útil facer unha reflexión entre todos: ¿que aspectos novos vimos, como nos sentimos en cada papel, ata que punto fomos capaces de pornos no lugar do outro?
7.2 Avaliación do condutor
O importante é a espontaneidade que cada grupo vai aprendendo con adestramento. Pero o condutor de grupo pode exercer as 7 funcións que adoitan ser comúns na técnica da discusión dirixida: reflectir sentimentos, animar aos participantes a que se expresen mellor, reflectir ideas, preguntar aos xogadores, informarlles sobre algún dato importante do tema, dirixir as súas diversas accións como xogadores, axudarlles na súa autocrítica de como utilizan a técnica e os seus resultados.
-Recorda que a túa misión é lograr cambios, substitucións, intercambios, diálogos, monólogos, stop de reflexión, novos papeis.
7.3 Cambio de tema
Unha vez feito este exercicio convencional de adestramento dun role playing sobre a comida, elixir outros temas que presenten algún problema onde diversos personaxes teñen diversas actitudes contraditorias e é necesario que intenten entender o porqué da conduta dos demais, colocándose no papel do outro, intercambiándose, e procurando ver as cousas desde outro punto de vista.
Ese é o obxectivo do role playing que serve en concreto para o estudo de noticias ante as cales as opinións e actitudes son diversas e xeran suficientes papeis para ser representados dinámicamente.