Tendo en conta tamén diversas técnicas e habilidades que vimos no apartado de Contidos, situámonos ante o que chamamos role playing das noticias. ¿Que facer para que resulte efectivo e, ao mesmo tempo, fácil de pór en práctica?

4.1 Número de participantes

Un grupo que poida intercomunicarse entre si, a un bo nivel de calidade; xeralmente, xa que logo, sobre unhas 20 persoas: 6 delas, por exemplo, actúan directamente no ROLP e os demais serven de público asistente, participan na avaliación de resultados e, nalgúns casos, substitúen aos actores principais na representación dos papeis elixidos ou na creación de novos papeis.

-Non se exclúe o que, en certos casos especiais, sexan máis cando se logra unha gran capacidade de atención polos que non participan tan activamente. Por suposto, en casos especiais, basta con 3-6 persoas.

4.2 Instalación e material

-Trázase no chan un rectángulo de 3 por 2 metros ou un cadrado de 3 por 3, segundo as posibilidades da sala. Para marcar a liña pódese pegar no chan cinta adhesiva dunha cor que se vexa ben sobre o piso.

-O rectángulo ou cadrado divídese en seis sectores máis ou menos iguais, trazando as liñas con outras cintas de cor. Polo centro dos sectores, ao longo, déixase un corredor, onde, cando é necesario, introdúcense novos papeis no ROLP.

-Seis folios dobrados, en forma de letreiros de mesa, co nome dos papeis que van ser protagonistas no role playing.

-Seis rotuladores grosos para escribir estes nomes e que se lean ben por todos.

-As cadeiras de todo o grupo ao redor do cadrado.

-Un bo ambiente de luz difusa ou, en todo caso, centrada no cadrado para que a atención se centre na pista de actuación.

4.3 Prequecemento

Está ben que existan antes algunhas técnicas que preparen o role playing: unha boa discusión dirixida, un audiovisual, unha sesión de casos, escenas, xuízos e o que faga falta para que os participantes no role playing entren en materia.

-Non resulta eficaz, xa que logo, que, sen máis, o grupo se poña a facer un role playing. É mellor que faga unha escenificación primeiro ou outra técnica: un xogo, iniciar unha discusión onde se mostran pareceres e actitudes distintas, etcétera.

4.4 Tema

Por outra banda, o simple uso dunha técnica previa non garante sempre que o role playing vaia saír ben. É necesario que o tema sexa interesante de verdade para os xogadores, que se vexan implicados dalgún modo na súa solución.

Por iso, todas as situacións que producen conflito nun grupo teñen xa unha boa base para o role playing. E, en cambio, situacións distantes e alleas ao grupo, por importantes que sexan, converten ás veces o ROLP nunha mera representación escénica.

4.5 Xogadores

Aínda que a palabra playing significa tamén «actor, representación», aquí traducímola por xogo, xa que supón e provoca unha implicación variada e dinámica dos xogadores participantes.

Unha vez determinado o tema e un certo prequecemento durante anteriores sesións do grupo, agora, entre todos os participantes, búscase a quen queiran participar, polo menos ao principio, e determínase ben cómo todos han de meterse no xogo.

Os demais do grupo formarán unha segunda fila de observadores e participarán no momento en que se lles pida.

4.6 Papeis

Elixidos prequecemento, tema e xogadores iniciais, é o momento de determinar qué papeis son fundamentais para xogar con eles. En principio, pódese partir dun máximo de seis persoas.

-Por exemplo, se se trata do tema da pena de morte, ¿que papeis habería que pór en xogo?. Seguramente: reo, xuíz, fiscal, avogado defensor, nai do reo, testemuñas, verdugo, pobo… Non fai falta polos todos. Valería perfectamente un role playing con dous ou tres papeis, pero isto require quizá un nivel máis alto de comunicación no grupo.

-Unha vez sinalados os papeis que máis xogo van dar, escríbense os títulos deses papeis nuns folios dobrados a modo de letreiro que se sostén en pé e colócanse sobre os seis sectores nos que se divide o cadrado pintado no chan.

-De tal xeito que, logo, cando cada xogador actúe, ha de meterse no sector sinalado polo nome do papel que representa, co fin de que os espectadores saiban inmediatamente a qué xoga en cada momento.

4.7 Acción

Comeza un calquera dos xogadores e métese no sector do papel que naquel momento lle guste máis. Todo o que di desde aquel sector debe ser coma se asumise como propio aquel papel, por exemplo, de reo.

-Ao termo dun tempo, outro xogador métese tamén no papel que queira. Pode ser no mesmo de reo ou noutro: a nai do reo, por exemplo. De novo xorde outro xogador e escolle o de fiscal.

-Establécense logo diálogos entre eles. De súpeto, un dos tres cambia de sector e, xa que logo, de papel e, se antes actuaba de reo, agora faino de fiscal.

-Os xogadores que notan que a súa presenza en pista non está a actuar, deben sentarse forra do cadrado, e deixar a outros que actúen. Sempre poucos en pista.

-É bo que todos pasen por todos ou case todos os papeis, xa que o fin do role playing é que cada un intente verse desde dentro no papel do outro, especialmente nos papeis que resultan ata contraditorios co seu xeito de ser e pensar; pero hai que facelo sen présas, deixando tempo a actuar.

4.8 Cambios, substitucións e intercambios

Non basta adoptar un papel. Fai falta buscar tamén o cambio: outro papel distinto, ata oposto ao que está a facer.

-Se non o fai, alguén, espontaneamente, ou a empuxe do condutor de grupo, provoca unha substitución e enfoca o papel como crea oportuno. Para substituír, entra no cadro e toca ao outro para que se vaia.

-O intercambio dáse cando dous cambian os papeis simultaneamente: o reo faise fiscal, e ao revés.

4.9 Diálogos e monólogos

Cando un xogador quere interiorizar profundamente o papel, xorde o monólogo. Agáchase no sector correspondente e todos os demais que están en pista retíranse.

-Os diálogos poden facilitar máis dinamismo; pero a combinación de diálogos e monólogos é sempre útil.

4.10 Stop e aclaracións

De cando en vez, transcorrido un certo tempo, suficiente para situar de que vai o role playing, o condutor do grupo fai stop e pregunta sobre o tema e a dinámica de comunicación:

-¿Que tal vai isto? ¿Estamos a xogar ben os papeis? ¿É así como vos imaxinades que debe actuar cada un? ¿Que vos parece aos observadores? ¿Saímonos do tema?…

-De súpeto, cando algún opina cómo debese ser tal papel, o condutor di, por exemplo: «¡Pois, ánimo, comecemos outra vez!». Apaga luces, dá ambiente e o role playing segue, deixando agora, por exemplo, que todos ou algúns máis do grupo entren tamén no xogo.

4.11 Novos papeis

Ás veces, algúns dos papeis escollidos en principio non funcionan ben ou non resultan interesantes; e, ás veces, durante o xogo, novos xogadores teñen a intuición de pór en escena novos papeis que darían maior dinámica e implicarían máis ao grupo. Abonda con que pinten un novo carteliño e o poñan en pista, e a ver qué sae.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies