A noticia do día

  • Quen
  • Que
  • Onde

O récord de lindes na Estrada: máis de 36.800 quilómetros de fronteiras As separacións de leiras darían para rodear a Terra; é o terceiro municipio español por fragmentación

O récord de lindes na Estrada: máis de 36.800 quilómetros de fronteiras As separacións de leiras darían para rodear a Terra; é o terceiro municipio español por fragmentación

Os postes que marcan a división das leiras multiplícanse na paisaxe da Estrada. | MIGUEL SOUTOROCÍO GARCÍA | A ESTRADA / LA VOZ | 13/05/2019

A Estrada ostenta o récord galego en lonxitude de linderos entre leiras. Sumándoos todos, poderíase dar case unha volta completa á Terra. Son en total 36.874 quilómetros de fronteiras. Ás veces delimitadas con muros impoñentes. Outras con estacas, pedras, arames ou somieres. Moitas veces esvaecidas pola exuberante maleza que se come os montes galegos.

A Estrada ocupa ademais o terceiro posto de España no ranking de linderos, só por detrás dos municipios de Murcia e Lorca. En semellante mérito inflúen tres factores: a extensión do concello, o estado das concentracións parcelarias e a escasa implantación do monte comunal, segundo explica Xoán Manuel Reices, enxeñeiro técnico agrícola que coñece o territorio estradense como a palma da súa man.

Cos seus 282 quilómetros cadrados, A Estrada é o segundo municipio máis grande da provincia de Pontevedra e o noveno de Galicia. Un municipio extenso nunha terra marcada historicamente polo minifundio ten que acumular á forza quilómetros de linderos. Con todo, os outros oito concellos galegos que superan á Estrada en extensión suman menos lonxitude de fronteiras entre parcelas. E aí é onde entran en xogo a concentración parcelaria e a práctica ausencia de monte comunal.

Actividades

1.NOTICIA COMPLETA. Na páxina 8 da sección Galicia, de La Voz.

2. MAPA: Hoxe son nomes propios A Estrada, Murcia, Lorca, Pontevedra, Galicia– Naturalmente, acertarás o seu sitio no mapa. Pero se vos dixesen ao voso grupo de 5 alumnos: Tedes 10 minutos de preparación. Que cada un fale despois un minuto sobre cada un destes cinco sitios, dicindo algo interesante. Que diriades, achegando algúns datos significativos? Quen logrou estar á altura xeográfica e humana que se merecen?

3. TERMOS CRAVE: linderos / fincas / concentración parcelaria / parcela / monte comunal. A clase dividida en 5 subgrupos e que cada subgrupo prepare un informa falado sobre un destes temas. ¿ Temos suficiente idea da súa existencia e do porqué da súa creación do hábitat en que vivimos ou viven moitas persoas e pobos de Galicia?

4.VISUAIS. É fácil obter fotos destes singulares peches con pequenas pedras que determina os lindes de cada pequeno terreo. ¿Cal é a causa para tanta división e cerco?

5. BOS DÍAS. A todos e que os lindes , minifundios, concentracións parcelarias, fronteiras… non afecten as persoas. Seguro que somos terra aberta e sen límites.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies