A noticia do día

  • Quen
  • Que
  • Onde

¿O lobo, o mellor amigo do gando? Un estudo conclúe que a presenza deste depredador pode controlar a tuberculose no gando bovino

¿O lobo, o mellor amigo do gando? Un estudo conclúe que a presenza deste depredador pode controlar a tuberculose no gando bovino

Ana Balseiro, a autora do estudo sobre o lobo.

GLADYS VÁZQUEZ | LA VOZ / REDACCIÓN | 18/06/2019.

Sabe que ten entre mans un asunto que adoita levantar suspicacia. Por iso, Ana Balseiro insiste en que o seu estudo «só baséase en resultados». Esta investigadora da Universidade de León, nacida en Barakaldo, pero con raíces en Ponteareas forma parte do equipo hispano-británico que acaba de concluír que o lobo pode ser un bo aliado do gando doméstico á hora de controlar unha enfermidade como a tuberculose.

Ela leva 20 anos investigando sobre a materia, pero recoñece que a publicación do traballo na revista Scientific Reports está a ter un enorme impacto. «A tuberculose é unha enfermidade moi relevante. Está suxeita a campañas de erradicación dentro dun programa nacional que, en realidade, ten a súa orixe a nivel europeo. Todos os países están suxeitos a estes plans para erradicar a tuberculose do gando bovino. Estes anos hase visto que hai especies silvestres que son reservorio de tuberculoses».

¿Que papel xoga un animal tan famoso e mitificado como o lobo? Pois o papel natural da depredación. Esta investigación expón que os lobos limitan a progresión da tuberculose ao depredar aos xabarís infectados. E fano a través dun método natural de selección.

 

Actividades

A1. NOTICIA COMPLETA. Na páxina 26 de La Voz de Galicia.

A2. SUSPICACIA. Hai unha frase inicial na publicación deste noticia: “A investigadora sabe que ten entre mans un asunto que adoita levantar suspicacia”, pero de investigación trátase e o estudo só baséase en resultados .

A3. INVESTIGACIÓN CRAVE. “Esta investigación expón que os lobos limitan a progresión da tuberculose ao depredar os xabarís infectados” Esta é a clave e, aos poucos, verase como inflúe este feito no control da enfermidade.

A4. XABARILES. ¿Cantos hai? A poboación de xabarís non deixa de aumentar en todo o país, pero é certo que na zona norte vai, polo momento, por detrás. Aquí, hai unha media de tres xabarís por quilómetro cadrado. No sur hai uns 90.

A5. ¿RESERVORIO DE TUBERCULOSE? «Agora o xabaril non é reservorio de tuberculose, pero se o deixamos e as poboacións aumentan podería chegar a selo», conclúe esta investigadora.

A6. ¿INVESTIGADORES? ¿Gústavos o título? Aí tedes a historia de que é e como se logra chegar a descubrir “ silenciosamente” a orixe e solución de tantos problemas. Unha opción para os que finalizades o curso e tomades esta opción imprescindible como servizo humanitario.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies