Fernando Pariente.

A segunda expedición tripulada á Lúa, a bordo do Apolo XII, tivo lugar poucos meses despois de que o home pisase por primeira vez o noso satélite. Estaba previsto que o módulo lunar cos astronautas, Conrad e Bean, se pousase na superficie xunto ao Surveyor III, un dispositivo de observación que se depositou nun pequeno cráter do Mar das Tormentas, e a alunizaxe realizouse con tal precisión que apenas cen metros separaron un artefacto do outro. O traballo principal dos astronautas foi o de recoller mostras do chan lunar e devolver á Terra algúns dos instrumentos instalados no Surveyor III. A sorpresa principal da misión do Apolo XII produciuse unha vez que regresaron a casa os astronautas, porque se descubriu que na cámara de televisión do Surveyor se atopaban bacterias vivas procedentes da saliva do traballador acatarrado que a instalou e espirrou sobre ela. sobreviviran no satélite durante 31 meses.

Compartir en Compartir en Facebook Compartir en Twitter Compartir en WhatsApp

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies