A Páxina web da Casa Branca esqueceuse do idioma español tras a súa renovación coa chegada de Trump. A versión en español da páxina desapareceu: «Sorry, the page you’re looking for can’t be found (Desculpa, a páxina que estás a buscar non pode atoparse)», é a mensaxe con que se topan agora os internautas que tentan acceder á páxina www.whitehouse.gov/espanol.

A renovada páxina da Presidencia estadounidense alberga agora unha fotografía en branco e negro dun acto de campaña. A través dos menús pódese acceder a documentos moi breves coas directrices de Trump, pero todos eles en inglés.

A casa Branca ha pechado todas as contas en español que tiña nas redes sociais, evidenciando a animadversión do republicano cara á comunidade hispana. Tanto é así, que o neoiorquino non conta con ningún hispano no seu Gabinete, algo que non sucedía desde fai case trinta anos.

Nota importante: Se picas no título da noticia, abriránseche as ligazóns do Quen, Que e Onde, ademais da proposta de Actividades.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies