Fernando Pariente.

O prestixio derivado da súa actividade profesional como médico e das súas continuas incursións no campo da cultura cos seus libros e artigos contribuíron a converter a Domingo García-Sabell nunha das principais personalidades galegas cando a democracia quedou reinstaurada, logo da morte de Franco. En 1979 foi elixido presidente da Real Academia Galega (RAG) e pouco despois delegado do Goberno en Galicia. O mandato de García-Sabell na RAG foi o máis longo de toda a súa historia e un dos máis frutíferos. Grazas ao seu mediación a Academia chegou a un acordo co Instituto da Lingua Galega para establecer de forma consensuada as normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego, terminando coa disparidade existente ata entón. Tamén durante o seu mandato entrou en vigor a nova Lei de Normalización Lingüística, que confiou á Real Academia Galega a autoridade normativizadora do galego. García-Sabell dimitiu do seu cargo de presidente en 1997, cando xa contaba 89 anos de idade.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies