
2. OBXECTIVOS
2.1 O primeiro obxectivo, sen dúbida, é saber máis sobre esa noticia e adquirir o diario cando se edite en español. E coñecer tamén un pouco máis O Diario de Ana Frank e as súas coincidencias co de Rutka Laskier. Consulta Recursos no apartado 6 do presente e-studo.
2.2 Un segundo obxectivo podería centrarse na dobre importancia dos diarios persoais: unha, polo contido e mensaxe especial que ofrecen e, outro, pola importancia pedagóxica que teñen para os seus autores como autocomunicación e reflexo da vida propia.
2.3 Un terceiro obxectivo, consecuente a este anterior, é o que se dean conta do relevo pedagóxico que pode darse aos diarios en momentos determinados da vida do alumno, tanto se se trata de diarios literarios, temáticos como autodescritivos do desenvolvemento persoal en calquera aspecto da súa propia vida.
2.4 Un cuarto obxectivo: coñecer e saber practicar as técnicas da estrutura e montaxe dun diario persoal.
2.5 Que coñezan e lean diversos tipos de diarios escritos, os analicen, discutan sobre eles, intenten servirse da súa técnica e metodoloxía.
2.6 E, finalmente, que sexan capaces de experimentar durante tempos máis ou menos curtos en que consiste escribir un diario, elixindo o tipo ou tema que prefiran e lles axude mellor.