JESÚS GARRIDO
Un dos obxectivos que se pode pretender obter no traballo coas noticias na aula é, ademais de conectar a información que o seu contido e actualidade achegan cos coñecementos e actitudes que se poden xerar no estudo de cada unha das materias, o desenvolvemento do sentido crítico nos alumnos.
O filósofo Richard Paul, creador da fundación The Critical Thinking Community, no seu libro Critical Thinking (Pensamento crítico), da editorial Binker (2002), fai unha análise comparativa do que el chama teoría didáctica (TD) e teoría crítica (TC) e desenvolve o seu estudo e a súa aplicación a 18 campos que poden darse no estudo das noticias.
Así, por exemplo, ao estudar a noticia na aula, debemos insistir máis no feito da noticia ou en como se desenvolveu, nos datos que proporciona a noticia ou nas súas posibilidades de aplicación individual ou grupal na aula, no conxunto de coñecementos que achega…? Ou tamén, e especialmente, no desenvolvemento e a aprendizaxe de habilidades que nos pode suxerir para a vida…?
Respostas significativas
Entre as súas respostas máis significativas está, por exemplo, a de que os que prefiren na aula o desenvolvemento da teoría didáctica (TD)non están de acordo en insistir máis no que han de pensar os alumnos sobre unha noticia —que logo xa o aplicarán a outras—, senón que, na medida do posible, os profesores deben insistir máis na aprendizaxe do como pensar. Ensinándolles así, aos poucos van aprendendo estratexias para saber pensar.
A capacidade de escoita, a aprendizaxe vital de coñecementos, a educación da persoa o saber facer preguntas, o sistema de corrección de erros, a educación da persoa, a aprendizaxe de valores… e outros moitos temas de aprendizaxe non consisten tanto nunha lista pechada de que hai que facer (TD) como na aprendizaxe das variantes que esa aprendizaxe leva consigo e como cada alumno aprende a facelo (TC) segundo as súas posibilidades. Irémolo vendo, aos poucos, en próximas páxinas!