A noticia do día

  • Quen
  • Que
  • Onde

O Courel xa é o primeiro xeoparque da Unesco en Galicia

O Courel xa é o primeiro xeoparque da Unesco en Galicia

Un momento da visita que os auditores da Unesco realizaron ao territorio do xeoparque o pasado xullo.

F. ALBO | MONFORTE / LA VOZ | 12/04/2019.

O territorio Montañas do Courel -formado polos municipios de Folgoso do Courel, Quiroga e Ribas de Sil– converteuse onte no primeiro xeoparque de Galicia amparado pola Unesco. O organismo dependente das Nacións Unidas resolveu aceptar a solicitude presentada polos tres concellos que forman o grupo na 206 reunión da súa executiva, que se celebra actualmente en París. Ata agora en España había doce espazos dotados desta categoría, que permite ingresar nunha rede mundial formada por uns 140 territorios repartidos por varios continentes.

A candidatura do grupo Montañas do Courel foi presentada en novembro do 2017 ante a Unesco logo de ser aprobada pola comisión española de cooperación con este organismo internacional. Posteriormente, dous auditores da Unesco -a francesa Sophie Justice e o chinés Zhand Jianping- visitaron o territorio durante varios días para coñecer sobre o terreo os seus valores xeolóxicos e culturais.

Actividades

1. ¡Unha estupenda noticia –que aquí tes enteira– para despedir o trimestre!

2. Hoxe seguro que as clases non van ser moi duras. Aproveita para ver onde queda este xeoparque e para ler algo sobre el.

3. ¿Que vas facer estas vacacións? Propoñémosche tres cosas.

4. Primeira: se podes, vai ao Courel, paga a pena.

5. Segunda: le. Fundamental. Ler é meterse noutro mundo de maxia e de aventuras.

6. Terceira: acode a algunha procesión de Semana Santa. As de Ferrol e Viveiro son espectaculares. Pero en todas as cidades hai algunha. ¿Por que saen esas procesións? ¿Conmemórase algo nestes días?

7. Nós volvemos o martes 23, que é xusto canto ti te reincorporas ás clases. Ata entón, ¡pásao ben!

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies