A noticia do día

  • Quen
  • Que
  • Onde

O casco obrigatorio, asunto pendente para a seguridade nos patinetes A DXT considérao conveniente, pero aínda non existe unha normativa que faga preceptivo o uso deste elemento

O casco obrigatorio, asunto pendente para a seguridade nos patinetes A DXT considérao conveniente, pero aínda non existe unha normativa que faga preceptivo o uso deste elemento

Usuario circulando en patinete por unha rúa da Coruña | MARCOS MÍGUEZ

M. P. V. | REDACCIÓN / LA VOZ | 14/01/2020

Asegurábao o pasado outubro o subdirector de Mobilidade da Dirección Xeral de Tráfico (DXT), Jorge Ordás: «O uso do casco debe ser obrigatorio para os patinetes». Con todo, nos tres meses transcorridos desde entón nada se avanzou nesa liña.

Aínda que o organismo autónomo considera aos condutores de patinetes «usuarios vulnerables», á mesma altura que os ciclistas, a instrución urxente sobre vehículos de mobilidade persoal (VPM) que publicou a principios de decembro non declarou preceptivo o uso deste elemento de seguridade que si se esixe nos ciclos de motor, os ciclomotores ou os patinetes con asento. Nesta materia, a instrución limítase a remitir ás ordenanzas municipais, aínda escasas en España e inexistentes aínda en Galicia.

Da media ducia de normativas locais en vigor, a madrileña e a sevillana só esixen o casco á hora dun uso particular do patinete se os condutores son menores de 16 e 15 anos, respectivamente. Barcelona, Valencia e Zaragoza permiten circular sen casco e só a ordenanza alacantina, aprobada en pleno pero pendente de entrar en vigor neste inicio do 2020, recolle como obrigatorio o uso deste elemento de seguridade.

Actividades

1. Noticia enteira: Na páxina 8 de La Voz de Galicia de hoxe, martes, 14 de xaneiro.

2. Gráfico explicativo: Co título “As normas nos patíns eléctricos” tes unha excelente explicación do que está prohibido e do que se aconsella para a túa seguridade e a dos peóns que van ou veñen polo mesmo camiño, que é necesario compartir sen perigo.

3. Instrucións da DXT: En tres parágrafos indícache o que nos se poderá e o que se necesite para utilizar os patíns na vía pública.

4. Ámbito territorial dos Concellos: Lugo, A Coruña, Santiago… xa traballaron no establecemento de normas de circulación sobre os espazos de tránsito e a velocidade permitida. A patinar, pois, pero con sentidiño.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies