Neste día de 1961 saltaba aos medios de comunicación unha noticia científica que causou enorme estupor e unha intensa conmoción: o biólogo italiano Danielle Petrucci, investigador e profesor da Universidade de Bolonia, acababa de acadar por primeira vez a fecundación in vitro. É dicir, a fecundación nunha probeta de laboratorio, fóra do corpo dunha muller, dun óvulo humano. O embrión xestado deste xeito estaba vivo e a súa evolución estaba sendo filmada. O debate científico e ético foi inmediato. O Vaticano condenou a experiencia. Con todo, este foi o primeiro paso para que en breve espazo de tempo moitas parellas puidesen superar os seus problemas de infecundidade. A partir do procedemento ideado por Petrucci, el mesmo e outros investigadores foron progresando e mellorando o protocolo ata conseguir unha técnica que hoxe xa é habitual. O primeiro bebé nacido mediante fecundación in vitro foi a nena inglesa Louise Brown en 1978, que hoxe ten xa máis de 30 anos.

Compartir en Compartir en Facebook Compartir en Twitter Compartir en WhatsApp

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies