A noticia do día

  • Quen
  • Que
  • Onde

O abrelatas naceu hai 115 anos nunha casa de Vilaseca, en Negueira José Vale, de Vilaseca, patentouno e produciuno nunha fábrica de Xixón

O abrelatas naceu hai 115 anos nunha casa de Vilaseca, en Negueira José Vale, de Vilaseca, patentouno e produciuno nunha fábrica de Xixón

Tío e sobriño. O home que aparece na foto do cadro é José Valle Armesto, o inventor do abrelatas. O cadro preside o salón principal da casa de Vilaseca, na que naceu en 1970. O seu sobriño Joaquín asegura que lembra os papeis cos planos do aparello que logo comercializou | MANUEL

M. FERNÁNDEZ X. CARREIRA | NEGUEIRA / LA VOZ | 15/05/2019

Fai uns 115 anos aproximadamente, José Vale Armesto, da Casa de Vale, en Vilaseca, Negueira de Muñiz, patentou unha peza de metal miúda, pero dunha utilidade extraordinaria: o abrelatas. En 1906 comezou, nunha nave de Xixón, a produción do seu invento que bautizou coa marca El Explorador Español. As poucas unidades que deben quedar, porque a fábrica pechou a finais dos anos sesenta do pasado século, son obxecto de desexo para coleccionistas porque a fábrica. Ao abrelatas de Val saíronlle máis adiante multitude de copias, moitas delas en China.

Este lucense, que tería que figurar na enciclopedia de grandes inventores, tamén se dedicou a facer tapóns de porcelana para as botellas de gasosa. Da súa fábrica saían xa coas pezas de arame que os unían ao colo da botella.

A casa de Vilaseca na que naceu José Vale, compártena actualmente os seus parentes Joaquín, Jose e Raquel Vale. A vivenda, na que todo está perfectamente coidado, ten espectaculares vistas ao encoro de Grandas.

Actividades

1. Os xornais publicamos noticias de gran actualidade, como a campaña electoral que vivimos, pero tamén outras que destacan por ser moi curiosas, como esta, que aquí tes enteira.

2. ¿Usaches algunha vez un abrelatas? ¿Cal é a súa utilidade? ¿Ten algún perigo?

3. ¿E para que valen as latas? ¿Por que metemos comida dentro delas? ¿Hai algunha outra cousa en latas que non sexa comida?

4. Hoxe en día tamén existen latas que se abren sen necesidade de abrelatas, sobre todo de conservas e bebidas.

5. Por certo, ¿onde ven quedando Negueira de Muñiz?

6. E por certo tamén, é mércores, de maneira que no centro do xornal, ademais dun suplemento dedicado a Antón Fraguas, tes o de La Voz de la Escuela.

7. Nel atoparás claves sobre as eleccións do día 26 e dúas páxinas dedicadas á Noite Europea dos Museos, entre outras cousas.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies