Fernando Pariente.

A Resolución 62/149 foi aprobada na Asemblea Xeral da ONU o 18 de decembro do 2007 por 104 países a favor, 54 en contra e 29 abstencións. Aínda que esta resolución non é vinculante, constitúe un paso moi importante para acadar a erradicación da pena capital no mundo. Na actualidade a situación da pena de morte é a seguinte: 160 países e territorios abandonárona; hai outros que a manteñen pero non a aplican; e outros que si a aplican: 690 persoas foron executadas no 2018 en 20 países, un 31% menos que o ano anterior. Exclúese desta estatística a China porque non ofrece datos, pero crese que se executan a máis de mil persoas cada ano. En Europa só está en vigor a pena de morte en Belarús.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies