É verdade que a maior parte da auga que forma as nubes procede do mar. Con todo, cando á auga se evapora o sal queda onde estaba, pois a calor que recibe non é capaz de converter o sal en vapor e facela ascender á atmosfera. Lembra no verán cando te bañas no mar; se te deixas secar ao sol, a pel quédache áspera, coma se tivese unha capa de polvillo esbrancuxado. É o sal mariño que quedou pegado ao teu corpo tras a evaporación da auga. Se queres observar este fenómeno natural só necesitas disolver un pouco de sal nun vaso de auga e deixalo nun lugar onde faga calor mentres o vas observando cada certo tempo. Cando se evapore a auga verás que o sal permanece no fondo do vaso.

Compartir en Compartir en Facebook Compartir en Twitter Compartir en WhatsApp

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies