7. AVALIACIÓN

7.1 Redactar o argumento dun xogo elixido. Do mesmo xeito que pedimos o resumo dunha lectura, podemos pedir un breve resumo do argumento dun videoxogo. Pode pedirse que estea baseado no que se foi comentando en clase ou noutro, elixido por cada alumno, pero que teña unha base narrativa.

7.2 Avaliación das actitudes

Esta unidade didáctica pensouse para xerar actitudes positivas nos alumnos cara á lectura, non para substituír o ensino teórico nin práctico do comentario de texto. Por este motivo propomos unha avaliación centrada en analizar en que nivel teñen interiorizado o valor da lectura.

7.2.1 Recepción. ¿Parécelles interesante que en Galicia se desenvolva un videoxogo? ¿Coñecían as relacións entre literatura, cine e videoxogos?

7.2.2 Resposta. ¿Interésalles a noticia? ¿Investigan as clases de videoxogos que lles gustan e se derivan dalgún libro ou película?

7.2.3 Valoración. En especial, ¿parécelles importante este transvasamento de argumentos entre literatura, cine e novela? ¿Cren que os xogos baseados en novelas son máis ou menos interesantes que os que non o están (polo menos dentro do mesmo xénero)? En concreto, ¿coñecen o libro do mesmo título que algún xogo ou película? Neste caso, ¿que lles parece mellor?

7.2.4 Organización. ¿Interésanse por ler algún libro que teña dado orixe a algún videoxogo? ¿Decídense a ler algún relato procurando encontrar materia para un posible videoxogo? ¿Cren factible colaborar na realización dalgún videoxogo?

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies