5. METODOLOXÍA

5.1. Secuencia de actividades

Para comezar a unidade didáctica poden servir a actividade 1 ou a 2, calquera.

A actividade 3 é unha actividade de tipo procedimental básica. Recordamos que esta unidade a expomos como repaso de temas aprendidos antes no curso e máis para fomentar actitudes que para outras cuestións.

A 4 só debería levar a cabo se a 3 tivo éxito.

E a 5 está pensada para alumnos que queiran profundar, aos que o tema tiña enganchado realmente.

5.2. Agrupamentos e espazos

Segundo os hábitos de traballo na aula, pódese optar por facer pequenos grupos ou por traballar individualmente.

Trátase dunha unidade que se presta á participación, pero tamén a que os alumnos se desvíen do tema, entrando en valoracións sobre os seus gustos e preferencias ou procurando presitxio perante os compañeiros facendo alarde de dispor das últimas novidades, do maior número de xogos ou dos máis raros. Se isto sucede, conviría organizar o traballo en pequenos grupos, formulando os obxectivos con claridade e concisión, e despois facer unha posta en común.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies