3. CONTIDOS

3.1. Coñecementos previos

Para aplicar este e-studio parece necesario partir de certos coñecementos básicos de comentario de texto literario. En concreto, os alumnos deberían seren capaces de sinalar conceptos como os seguintes:

  • argumento (fronte a tema) e intriga;
  • personaxes, heroe ou protagonista (fronte a antagonista), personaxes secundarios; en niveis superiores, personaxes fronte a tipos (ou persoas fronte a prototipos); evolucións;
  • espazos (abertos ou pechados, fixos ou itinerantes, reais ou simbólicos), localizacións;
  • tempo (reducido ou amplo), tempo do discurso;
  • persoa narrativa (primeira, segunda, terceira ou coral);
  • narración fronte a descrición; diálogos;
  • ritmo.

Tamén ten interese coñecer o mundo dos videoxogos e saber que hai varios tipos que non servirían para esta lección (os de cartas, os simuladores ou os de tipo quebracabezas, por exemplo).

3.2. Contidos conceptuais

Ao estudar esta noticia fixámonos en dúas cousas: a súa proximidade (refírese ao ámbito xeográfico galego) e a súa actualidade (trátase dun desenvolvemento tecnolóxico moderno). Analizamos primeiro as sete pistas da noticia:

  • Quen: Continental (edición) e Alía 3D (desenvolvemento).
  • Que: un videoxogo de tipo FPS (first person shooter: tirador en primeira persoa).
  • Por que: porque hai segmentos de mercado non ocupados polas multinacionais.
  • Onde: en Galicia.
  • Cando: foi presentado na feira Cultur.gal (10 ao 13 de maio do 2007).
  • Canto: demo de 40 minutos; presentado un dos tres capítulo.
  • Como: cunha trama sinxela e de ambientación fantástica; unha demo do produto final.

Vocabulario (algunhas palabras deberían precisarse): futurista, aire cartoon, first person shooter, trama, demo, segmentos (de mercado), multinacional. Respecto ao título do xogo: evento, extinción.

3.3. Contidos procedimentais

  • Aplicar conceptos de análise de textos literarios aos videoxogos.

3.4. Contidos actitudinais

  • Espertar o interese dos alumnos pola lectura de obras literarias a partir dos videoxogos que dispoñen dunha base narrativa.
  • Proporcionar ferramentas de análises que permitan valorar con sentido crítico os xogos.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies