2. OBXECTIVOS

O obxectivo deste e-studio é conectar o máis que probable interese dos alumnos polos videoxogos (de computador ou de consola) coa literatura. Partindo de xogos que se basean nunha liña argumental, que se completa con outros factores propios das narracións (personaxes, lugares, tempos, etcétera), intentarase axudar a descubrir as similitudes do videoxogo con outras formas de expresión narrativas, como os contos, as novelas e as películas de cine ou as series de televisión. Isto constituirá a longo prazo unha base para establecer comparacións e tratar de achegar á literatura aos máis reticentes.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies