A noticia do día

  • Quen
  • Que
  • Onde

Mozos cada vez máis xordos: o perigo de escoitar música co móbil Os otorrinos advirten que as novas xeracións perderán audición aos 40 anos no canto dos 60

Mozos cada vez máis xordos: o perigo de escoitar música co móbil Os otorrinos advirten que as novas xeracións perderán audición aos 40 anos no canto dos 60

UXÍA RODRÍGUEZ | LA VOZ / REDACCIÓN. 

Escoitar música con auriculares. Unha acción en grao sumo común no día a día da xente que xa se converteu nun perigo para a saúde. A OMS lanzou a alerta: dentro de 30 anos una de cada dez presentas sufrirá perdas de audición. No punto de mira están os millennials (aqueles que naceron entre 1981 e 1993) que corren o risco de perder audición «debido ao uso prolongado e excesivo de sons altos, incluída a música que escoitan a través dos seus dispositivos de audio persoais», asegura a Organización Mundial da Saúde.

«Os adolescentes de hoxe, que empezan a usar auriculares aos quince anos, estarán aos corenta coma se tivesen sesenta», mantén Juan Carlos Vázquez Varro, xefe de Otorrinolaringoloxía do Complexo Hospitalario Universitario da Coruña.

«O que fai o ruído a altas intensidades é danar as células que están no caracol do oído interno e, ao danarse esas células, a onda sonora non se transforma nos impulsos eléctricos que van ao cerebro», explica o doutor. ¿Canta intensidade de son é prexudicial? «Non deberiamos estar expostos a ruídos que superen os 85 decibeis».

Actividades

1. NOTICIA ENTEIRA. Na páxina 25 / Sociedade / de La Voz de Galicia de hoxe.

2. DECIBEIS. Unha vez que lemos a ligazón a este termo, descríbenos a intensidade deste son: “Os 85 decibeis equivalen, no tráfico dunha cidade, ao ruído que fan os camións pesados”.

3. LÍMITE. Se eu estou á beira dunha persoa con cascos, e oio algo do que está a escoitar, é que supera o limiar, límite.

4. BOMBA. É a palabra que utiliza o especialista cando existe un volume superior aos 85 decibeis. ¿Oímolo ben?

5. RECOMENDACIÓNS. ¿Lemos en clase, unha por unha, e comentamos? Pois moi ben: Mellor cascos / Límites / Tapones / Medición… E non te perdas a foto dun bebé con cascos, mentres soa a frase crave: “A OMS alerta sobre o volume dos audios de “ smartphones” e “ MP3”. ¿Estasme oindoooo…?

Compartir en Compartir en Facebook Compartir en Twitter Compartir en WhatsApp

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies