A noticia do día

  • Quen
  • Que
  • Onde

Italia expulsa por centos de nenos das garderías por non ter vacinas En Galicia, os servizos xurídicos da Xunta avalan que se impoña a obrigatoriedade

Italia expulsa por centos de nenos das garderías por non ter vacinas En Galicia, os servizos xurídicos da Xunta avalan que se impoña a obrigatoriedade

As protestas dos antivacinas retrasaron a implantación da lei en Italia | THIERRY PRONESTI. EFE

LA VOZ | REDACCIÓN | 14/03/2019

Italia comezou a prohibir a entrada en garderías e xardíns de infancia aos menores de seis anos que non teñan todas as vacinas en vigor. Polo menos 300 nenos en Bolonia, outros 600 en Módena e 60 en Rímini foron expulsados por non contar coas inmunizacións obrigatorias contra a varicela, a polio, o xarampón, as papeiras e a rubeola. A partir desa idade, aínda que as leis impiden vetar a asistencia á escola dos alumnos, o Goberno comezou tamén a multar con 500 euros aos pais dos alumnos que non cumpran co calendario de vacinación.

«Sen vacinas, non hai colexio», esa é a contundente conclusión da ministra de Sanidade Giulia Grillo , que explicaba que se deu suficiente marxe aos pais para pór a vacinación ao día. A normativa entrou en vigor o luns, unha medida que supón a execución da lei Lorenzin, unha das máis polémicas en Italia, que o actual Goberno criticou dende a oposición e decidiu pór en marcha á súa chegada ao poder. A tensión política rodeou desde o principio a iniciativa, boicoteada polo líder da ultradereitista Liga e vicepresidente do Goberno italiano, Matteo Salvini, que se puxo ao lado das familias que non vacinan aos seus fillos.

Actividades

1. Limos a noticia enteira e ao final preguntámonos como é posible que haxa rapaces sen vacinar.

2. Porque as vacinas evitan que collas enfermidades, algunhas delas moi graves.

3. Está claro que a ninguén lle gusta vacinarse. Pero grazas a iso vivimos máis e mellor.

4. Agora mesmo hai científicos que están intentando descubrir vacinas contra enfermidades gravísimas, como a sida.

5. Le o subtítulo. ¿Que son os servizos xurídicos? ¿Que defenden?

6. E quédannos dous días da Semana da Prensa na Escola. Hoxe animámoste a coller un xornal e ver como están distribuídas as noticias.

7. Verás que arriba de todo cada páxina leva un nome: Galicia, España, Internacional, Cultura, Deportes, etc. Son seccións do xornal. E cada xornal ten as que quere e onde quere.

8. ¿E para que existen? Pois antes, fai 80 ou 100 anos, non existían, e todas as noticias metíanse un pouco a rebumbio. Agora o lector -ou sexa, ti- atópanas moito máis doadamente.

9. Por exemplo, se queres saber como quedou o Barça onte vaste directo a Deportes. Se queres saber algo sobre o pintor Sorolla ou sobre o inventor Leonardo da Vinci, vaste a Cultura. E así todo. ¡Anímte!

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies