A noticia do día

  • Quen
  • Que
  • Onde

Italia desgravará un 30 % a publicidade que as empresas fagan en xornais O goberno lanza un plan de axuda aos medios de comunicación e aos quioscos

Italia desgravará un 30 % a publicidade que as empresas fagan en xornais O goberno lanza un plan de axuda aos medios de comunicación e aos quioscos

Xente mantendo a distancia de seguridade nun quiosco | S. ALONSO

LA VOZ | REDACCIÓN | 26/03/2020

O goberno italiano lanzou un plan de axuda aos xornais e o resto dos medios de comunicación. A crise do coronavirus disparou o número de lectores de prensa e as audiencias de radio e televisión. No caso da prensa escrita, estímase que a venda creceu entre un 10 % e un 15 %. E no campo dixital as audiencias incrementáronse nalgúns casos por encima do 200 %. Con todo, ese interese do público leva en paralelo unha baixada do investimento publicitaria. Ao estar o país practicamente parado e non poder venderse a maioría dos produtos anunciados, a publicidade derrubouse.

Ante esta situación, o goberno aprobou unha serie de medidas para axudar ao sector. Nunha restrición de actividade moito maior que a de España, en Italia salváronse os quioscos que, xunto ás tendas de alimentación e as farmacias, son dos poucos establecementos que permanecen abertos. Aos xornais e revistas considéraselles como un ben esencial e de primeira necesidade. Entenden que, no medio da crise, hai que garantir o acceso da poboación á información. Por iso, as redaccións dos xornais seguen funcionando.

Actividades

1. Aquí tes a noticia, que debes ler enteira para entendela por completo.

2. Os xornais teñen dúas fontes de ingresos: unha é a súa venda (ben nos quioscos, ben aos subscritores), e outra é a publicidade.

3. E esta última caeu en todos. Tamén en La Voz de Galicia, claro.

4. O Goberno italiano entendeu que sen información veraz (¿que é isto?) non pode haber nin liberdade nin, polo tanto, democracia. Por iso bota unha man.

5. ¿Farías ti o mesmo?

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies