Fernando Pariente.

Os dous homes que se deron a man aquel 26 de marzo de 1979 en Washington, Anuar el Sadat e Menáhem Begin, representaban a dous pobos que en trinta anos se enfrontaron en cinco guerras abertas: Exipto e Israel. Non era a primeira vez que se vían, debateran moitas horas e negociaran duramente. En 1977 Sadat viaxou por sorpresa a Xerusalén e comprometeuse a recoñecer ao Estado de Israel se se daban as condicións necesarias. En 1978, ambos foran hóspedes do presidente norteamericano Jimmy Carter na súa residencia de Camp David, e alí asinaran uns acordos que abriran por fin o camiño da paz. O que parecía imposible estaba feito, por iso ambos protagonistas recibiron o Premio Nobel da Paz. Desgraciadamente, non todo o mundo comprendeu esta solución. Algúns países árabes consideraron o acordo unha traizón de Exipto e por iso trasladaron a sede da Liga Árabe do Cairo a Tunisia. Anos máis tarde, en 1981, Sadat foi asasinado por soldados do seu propio exército.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies