A noticia do día

  • Quen
  • Que
  • Onde

¿Inundacións costeiras? Serán a norma O peor dos escenarios do cambio climático

¿Inundacións costeiras? Serán a norma O peor dos escenarios do cambio climático

O último temporal e as mareas vivas levaron varios coches.

REDACCIÓN / LA VOZ | 14/02/2020

O cambio climático está a suceder agora e será máis dramático no futuro, mesmo se a humanidade acorda finalmente un descenso das emisións de efecto invernadoiro para conter a temperatura media global por baixo dos 2 graos de aquí a fin de século.

Pero o seu impacto pode ser moi distinto en función de se se avanza cara a un escenario alto, medio ou baixo na xeración de gases contaminantes. É o que advirte no seu último informe a Axencia Europea de Medio Ambiente.
¿Pero que sucederá se as temperaturas medias mundiais superan os tres graos centígrados de aquí a fin de século, algo que ocorrerá se se manteñen os moi insuficientes compromisos actuais de redución de emisións presentados polos países adscritos ao Acordo de París?

Pois, por exemplo, que as inundacións na costa pasarán de ser un fenómeno extremo a converterse na norma. A frecuencia deste tipo de sucesos podería multiplicarse por 500 en cidades do litoral como as galegas da Coruña e Vigo e noutras da

…..

Actividades

1. Imos hoxe a estudar o tempo e o que nos ven encima con iso das inundacións. Tes a noticia na páxina El Tiempo LII De La Voz de Galicia de hoxe.

2. Convidámoste a ler a noticia enteira e non só os datos que aquí che ofrecemos para entrar en materia.

3. A palabra chave, ameazante, chámase “inundación”, que non queda nunha simple molladura, dende logo. ¿Fixácheste, por exemplo, nas inundacións que houbo este inverno o leste de España e como arrasou, rúas, estradas e inmensos terreos de sementados?

4. Aquí citamos, por proximidade, A Coruña e Vigo; pero na noticia cítanse Lisboa, Xixón, Santander, Bilbao, Cádiz, Tarifa, Tenerife, As Palmas…

5. E nas liñas finais dise tamén que a península Ibérica será a rexión europea máis afectada pola seca… e o risco de incendios provocados polo clima incrementarase un 40 %… ¡Vaia previsión do tempo! Pero esa é a noticia de hoxe de “paraugas e chapeu”. Bos días, a pesares de todo.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies