A noticia do día

  • Quen
  • Que
  • Onde

Interior reforza o plan antiterrorista para o cumio do clima de Madrid Máis de 25.000 persoas de 195 países participarán na reunión da ONU

Interior reforza o plan antiterrorista para o cumio do clima de Madrid Máis de 25.000 persoas de 195 países participarán na reunión da ONU

O cumio do clima de Madrid vén precedido de intensos días de multitudinarias protestas por todo o mundo para esixir unha maior ambición climática | ZOLTAN BALOCH. EFE

R. ROMAR | REDACCIÓN / LA VOZ | 02/12/2019

«Os cambios climáticos están ocorrendo máis rápido do que tiñamos previsto, polo tanto hai que alcanzar compromisos máis ambiciosos. Hai que aumentar a ambición e a responsabilidade». O secretario xeral da ONU, António Guterres, marcou onte a senda que deberá seguir a conferencia do clima que se inaugura hoxe en Madrid, a COP 25, na que se deberá desenvolver o regulamento que permita a entrada en vigor o próximo ano do Acordo de París, aprobado no 2015. Só que os compromisos voluntarios para a redución de gases de efecto invernadoiro achegados ata o momento polos 195 países, máis a UE como entidade propia, que forman parte do acordo marco de Nacións Unidas contra o cambio climático son moi insuficientes. Con eles, a temperatura no planeta excedería os 3 graos cara a fin de século con respecto aos niveis preindunstriais. Moi por riba dos 1,5 que se fixaron en París ou, como moito, dous grados. Se Madrid quere realmente ser o cumio da ambición climática, tal e como a bautizou, haberá moito por facer ao longo das dúas vindeiras semanas.

A reunión albergará a 25.000 persoas de 195 países, o que tamén supón un enorme reto para garantir a seguridade, tanto no propio recinto feiral de Ifema e no parque Juan Carlos I, onde se concentrarán as negociacións dos delegados dos gobernos, como na bautizada como Castellana verde, onde se realizarán máis de 200 actividades paralelas.

Actividades

1. A noticia tela aquí, pero hoxe é un bo día para botar unha ollada ás páxinas 26 e 27 do xornal, posto que están dedicadas por completo ao cumio do clima.

2. Unha das informacións céntrase nas pequenas accións do día a día que axudan a salvar o planeta. ¿Que podes facer ti para vivir nun planeta máis limpo?

3. Esas pequenas accións podes facelas tanto no colexio como en casa.

4. Moita xente di que “non temos planeta B”. ¿Que quere dicir isto? ¿Estás de acordo?

5. Ademais, hoxe La Voz de Galicia publica un suplemento especial dedicado a este cumio.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies