OLGA SUÁREZ
Non hai mellor forma de facer un homenaxe dunha persoa do pasado que mergullarse no seu entorno, recuperar as costumes da época e vestir coma ela. Isto é o que fixo o alumnado de segundo de primaria do CPR Sagrada Familia de Aldán para preparar a conmemoración do nacemento de Rosalía de Castro, o próximo 23 de febreiro. Os nenos son os protagonistas dun documental de 20 minutos nos que se caracterizaron y lograron unha ambientación moi acaída da época para recordar como foi a vida da célebre escritora y recitar os seus poemas. O obxectivo era achegarse a figura de Rosalía dun xeito máis real, polo que fixeron unha inmersión na súa época buscando lugares, vestimentas e situacións o máis achegadas a ese tempo.
O documental chámase «Un día con Rosalía» e ofrece unha visión especial das mulleres da época, finais do século XIX. Está grabada en blanco e negro, o que fai que recorde máis á realidade da época. Ademáis, durante a proxeción estiveron acompañados por un músico chelista.