Fernando Pariente

O Día do Pobo Xitano, que se conmemora hoxe, é na súa orixe unha iniciativa do Primeiro Congreso Mundial de Xitanos, celebrado en Londres en 1971. A comunidade xitana está constituída por máis de doce millóns de persoas, das cales dez se asentan en Europa. España é dos países con máis poboación xitana. Documéntase a súa entrada a partires do século XV e, na seu maior parte, abandonaron o nomadismo, son estables e manteñen estreitas raíces culturais moi arraigadas nalgunhas zonas. Na actualidade contabilízanse máis de medio millón espallados por todas as comunidades autónomas. Os de Andalucía son os máis numerosos e os que deixaron unha pegada máis fonda na súa cultura a través do cante e baile flamenco, pero tamén abundan en comunidades como Estremadura, Cataluña e Madrid. No conxunto da Unión Europea conforman a minoría racial máis numerosa. O plan máis eficaz de integración desa minoría na nosa sociedade é o da súa incorporación en condicións de igualdade ao sistema educativo. Por iso é importante que os centros escolares celebremos este día de apoio a unha parte do noso propio alumnado.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies