Fernando Pariente.

A peripecia dun náufrago escocés nunha illa do Pacífico serviulle a Daniel Defoe de inspiración para escribir unha novela que demostraba que o home é capaz de superar todas as adversidades se se somete a unha disciplina e actúa baixo o control da súa intelixencia. O que parece imposible, que un home sobreviva 28 anos nunha illa deserta, non só o fai posible o protagonista da novela, senón que é capaz de organizar unha vida regular, ordenada e relativamente confortable grazas ao seu tesón, á súa capacidade de inventiva e ao seu traballo. A chegada á súa illa dun grupo de salvaxes que se dispoñen a matar aos seus prisioneiros dálle a oportunidade a ese home –Robinson Crusoe– de rescatar a un deles. Dende entón, o indíxena, ao que chama Venres, convértese no seu compañeiro de vida na illa e é o símbolo do que a colonización das nacións europeas poden facer polas poboacións indíxenas. O éxito inmediato do libro converteu ao seu autor, un personaxe de vida aventureira e azarosa, no pai da novela inglesa. Despois do Robinson escribiu As aventuras do Capitán Singleton e unha famosa novela picaresca titulada Fortunas e adversidades da famosa Moll Flanders.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies