Pregunta: Blanca, ,13 anos, Salesianos Ourense María Auxiliadora, Ourense.
Responde: Cristóbal Ramírez Gómez.

Ola Blanca, respóndoche eu, que non son científico, pero en realidade ningún temos nin a mínima idea de como van ser as cousas en Nadal. Tampouco o saben os meus compañeiros da redacción central, en Arteixo (A Coruña), nin os das delegacións que temos por toda Galicia. Si sabemos, como ti, que o Goberno e a Xunta e o teu alcalde están tomando as medidas que consideran máis oportunas e necesarias para evitar que o coronavirus se siga estendendo. Hai dúas normas que sempre intentamos cumprir na redacción e que pretendemos que sexan o eixe central das información que publicamos no xornal de papel e na web: primeira, que acabar co coronavirus é cousa de todos, túa e miña tamén, e que se queremos estar en Nadal coa nosa familia e amigos (sen máscara non vai se é posible), debemos cumprir o que se nos indica. E segunda, que neste país se protesta de abondo, en contra do que sucede noutros máis desenvolvidos como Alemaña e Suecia. Por favor, cumpre as normas. Así acabaremos coa pandemia. ¡Ánimo!

 

Haz tu pregunta

4 + 13 =

Compartir en Compartir en Facebook Compartir en Twitter Compartir en WhatsApp

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies