Fernando Pariente.

Cando a sétima arte comezou a desenvolverse e asegurouse un posto de privilexio na cultura do mundo moderno, creouse o que se denominou o Star-sistem, unha forma de publicidade que consistía en elevar a figura dos actores e actrices ao nivel dos heroes míticos. Entón, un dos actores masculinos máis populares foi un home alto e algo desaxeitado, chamado Frank James Cooper, máis coñecido como Gary Cooper. Nacera co século, en 1901, en Montana, e traballou na súa primeira película en Hollywood cando aínda o cinema era mudo e el tiña 24 anos. Desde entón dedicouse en corpo e alma á súa profesión, protagonizando moitas películas do Oeste, que o converteron nun dos actores predilectos do público. Gañou tres óscars, dous de interpretación masculina polo seu papel principal no Sarxento York e por Só ante o perigo, a película que gardará o seu nome para sempre na historia do cinema. O terceiro óscar foi honorífico para o conxunto da súa carreira. Foi unha última homenaxe para un home que se estaba morrendo de cancro cando só tiña 60 anos.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies