Fernando Pariente.
Na noite do 13 de xaneiro de 1610 Galileo Galilei descubriu unha cuarta estrela próxima ao planeta Xúpiter e deuse conta de que as catro viraban en torno a el. Todo isto puido velo grazas a un novo aparello que acababa de construír. O telescopio foi o instrumento definitivo para aportar probas da exactitude das súas teorías sobre o movemento da Terra e dos demais corpos celestes. O descubrimento máis importante realizouno a noite do 7 de xaneiro ao contemplar co seu artefacto por primeira vez tres pequenas estrelas preto do planeta Júpiter. Durante varias noites observou o que pasaba con elas e a do día 13 descubriu que non eran tres, senón catro e que se movían ao redor do planeta: eran os seus satélites. Deste xeito puido demostrar que os corpos celestes non viran todos ao redor da Terra. As teorías aristotélicas quedaban refutadas polos feitos.