Fernando Pariente.

Tamén esta vez os rusos adiantáronse aos americanos na carreira especial. A primeira muller no espazo volveu ser unha cidadá soviética, Valentina Tereshkova. iniciara o seu voo espacial, a bordo do Vostok 6, tres días antes e dixera cousas como esta: “Posiblemente vostedes non poidan imaxinar o fermoso que é. Calquera que vexa a Terra dende o espazo exterior non pode deixar de ser embargado por unha sensación de reverencia e amor por este planeta que é o noso fogar”. Con todo, moito tempo despois decatámonos de que a viaxe non estivo exenta de graves dificultades que puxeron en risco o seu regreso: a órbita inicial da nave desviouse da dirección planeada e tivo que ser corrixida dende o centro espacial, porque estaba en perigo o regreso á Terra. Tivo problemas coa comida e co casco, que lle produciu un hematoma no ombreiro. Ao regresar e ser proxectada fóra da nave, baixou en paracaídas pero no canto de caer en terra caeu sobre un lago e tivo que sosterse a nado, famenta e exhausta para non afogarse. Pero todos os perigos foron nada comparados coa gloria de ser a primeira muller no espazo.