Velaquí algunhas variantes que deben terse en conta na metodoloxía e que poden ser aplicadas ao desenvolvemento desta UD, a xuízo do profesor.

-Secuencia de actividades. ¿Que orde hase de seguir nesta UD sobre a doazón do fígado: máis lóxico, máis dedutivo, máis indutivo, comezar con actividades de introdución, seguir con actividades de desenvolvemento e ampliación? ¿Outro tipo de secuencia?

-Recordar, en todo caso, que o esquema das sete palabras-clave e calquera outra taxonomía non é, nin máis nin menos, que un catálogo ordenado e progresivo de contidos de datos e procedementos; pero a metodoloxía é a que debe indicar o ritmo e a orde de aprendizaxe en cada caso.

-Técnicas. Da lista máis consabida de técnicas orais, escritas, gráficas, experimentais, estudo dirixido, descubrimento activo, diálogos, debate, resolución de problemas, investigación, ¿cales elixiches para cada un dos pasos desta UD?

-Agrupamentos e espazos. O grupo da clase, pequenos grupos, traballo individual. ¿En que momento utilizaches cada un destes tipos de agrupamento?

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies