3.1 Coñecementos previos

Os alumnos deben ter unha idea suficiente, aínda que en principio sexa elemental, das distintas funcións dos órganos que normalmente poden ser transplantados no corpo humano, tales como fígado, ril, corazón, pulmóns, etcétera.

Para obter máis información sobre estes órganos e as súas funcións poden acudir as unidades didácticas sobre o corpo humanos dos libros de texto. Deben coñecer tamén por que estes órganos adoitan chamarse vitais. ¿En que consiste máis exactamente esa función vital que exercen no funcionamento do corpo?

3.2 Contidos conceptuais

Trátase de lograr, a través do exercicio e aplicación das 7 competencias básicas, os contidos que figuran no quen, que, onde, cando, como, canto e por que desta noticia concreta.

Dito doutra forma, cales son os quen, sexan persoas, grupos, entidades ou calquera ser que poida constituírse en axente ou paciente desa noticia.

Cales son os que, os feitos importantes da noticia e os termos que é necesario coñecer o seu significado para coñecer de que se trata.

Os onde: sitios, espazos que determina a situación física da noticia.

Coñecer tamén os cando: os tempos, as datas, os momentos significativos desa noticia.

Os como: os pasos do proceso, as formas, as técnicas, a metodoloxía.

Os canto: todo aquilo que é mensurable dalgún modo, e inflúe ou describe mellor o que pasou.

Os por que: as causas, as consecuencias, os motivos, os obxectivos.

3.3 Contidos procedimentais

Non é suficiente o feito de que os alumnos recollan e recoñezan datos que normalmente ofrece xa o texto da noticia ou outras fontes de consulta. É necesario que, a través de novas competencias, logren contidos de máis alto nivel no coñecemento desta noticia: Fígados solidarios.

Procedementos de comprensión

-Traducción destes términos en palabras propias dos alumnos

-Interpretación no contexto da noticia

-Aplicación dos términos en diferentes contextos aos presentados pola noticia

-Análisis dos elementos que dan sentido a estes términos: etimolóxicos, técnicos, sociais, convencionais.

-Síntese escrita de novos textos nos que se inserten estes términos co mesmo ou distinto significado.

Procedementos de aplicación, análise e síntese

-Figuran máis abaixo no texto das actividades de extensión, como resposta a unha serie de preguntas formuladas sobre a doazón de órganos.

3.4 Contidos actitudinais

Comprobar e medir os contidos de valores e actitudes que poden xurdir ante o estudo desta noticia e cales adquiriu cada alumno ou o grupo. Atoparás a súa descrición máis concreta no desenvolvemento das actividades.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies