2.1 Centrar a noticia

En primeiro lugar, é necesario centrar a noticia para os alumnos ¿De que trata exactamente? Indicar cales son os feitos relevantes que se constitúen en noticia e que figuran no xornal con estes dous títulos: Un fígado doado en Mallorca salva unha vida en Santiago e Un neno chinés necesitou un fígado novo tras comer cogomelos velenosas. En definitiva, ¿a rapidez, a técnica, a importancia de salvar dúas vidas, e tamén a xenerosidade das doazóns de fígado? ¿Que pensas ti, que pensan os alumnos sobre que é o máis importante ou, talvez, o máis interesante para eles

Existen outros feitos complementarios, tamén importantes; pero non debe perderse nunca o que constitúe o esencial da noticia. Aí debemos centrarnos e librarémonos así de converter calquera noticia nunha lección enciclopédica na que, con motivo de algo, montamos un exhaustivo tratado de coñecementos paralelos.

2.2 Competencias de aprendizaxe

Propomos que os alumnos sexan capaces de adquirir e desenvolver as competencias que leva consigo a aprendizaxedo e-studioFígados solidarios, seguindo en primeiro lugar as clásicas sete preguntas que adoitan utilizarse para coñecer a estrutura dunha noticia no xornal: quen, que, onde, cando, como, canto, por que.

Para unha maior extensión doutras competencias de aprendizaxe, seguiremos a escala de saberes proposta por Benjamin Bloom: desde o recoñecemento de datos ata a comprensión, aplicación, análise e autoavaliación dos resultados logrados no estudo desa noticia.

Ambos os dous esquemas de traballo figuran no libro Guía do Profesor A. A noticia, unha referencia que atoparás sempre na web de Prensa Escuela.

2.3 Obxectivos de extensión

Dentro dos obxectivos básicos, é necesario atender tamén a outras inquietudes, curiosidades e traballos que os alumnos poderán desenvolver, atendendo con iso á diversidade , segundo a capacidade e intereses de cada un, individualmente ou en grupo. Así, por exemplo, seren capaces de comprobar o grao de valoración persoal e actitudes que acadaron ante a importancia das noticias que se refiren á xenerosidade e humanismo dos doantes de órganos.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies