PREPARACIÓN
Antes de deseñar a programación doe-studio de noticiasFígados solidarios e de preparar a súa clase, suxerimos que o profesor teña en conta os seguintes pasos:
-Ler o texto da noticiaen La Voz de la Escuela do 15 de novembro do 2006: Doazóns moi solidarias. Pódese consultar no buscador del suplemento. En todo caso, ofrecemos máis abaixo o texto base da noticia.
-Visitar tamén outros textos complementarios na hemeroteca de La Voz de Galicia, escribindo a palabra fígado no Busca Voz e activando o hipervínculo final de cada artigo Podémoslle suxerir. Isto facilitarache o contacto con outras noticias de actualidade máis recente e que foron sucedendo neste tema dos transplantes de fígado.
-Consultar ademais as direccións web sinaladas nos Recursos. Daranche a base para as actividades e preguntas de ampliación programadas nesta UD.
-Finalmente, recordamos que nesta UD seguiremos a nomenclatura usual na terminoloxía académica, para facilitar así o encadre da noticia na estrutura escolar: obxectivos, contidos, actividades, metodoloxía, avaliación, recursos.
A NOTICIA
Un fígado doado en Mallorca salva unha vida en Santiago (La Voz, 07/11/2006).
Unha muller salvou a vida en Santiago grazas ao transplante de fígado doado pola familia dunha persoa falecida en Mallorca. En Santiago fíxose recentemente con éxito o segundo transplante de ril de doante vivo. Tamén se pode partir un fígado e favorecer dous enxertos, aínda que con maior risco de complicacións.
Un neno chinés necesitou un fígado novo tras comer cogomelos velenosos (La Voz, 03/11/2006).
Un neno chinés de 11 anos evoluciona favorablemente na uci do Hospital Clínico de Santiago, onde onte á noite se mantiña estable, despois que lle realizaron hai dous días un transplante de fígado. A semana pasada, ante a extrema gravidade que presentaba e ao temerse pola súa vida, o hospital solicitou un fígado para el mediante un código cero, un procedemento polo que se reclama total prioridade no caso de que exista unha doazón en España. A pesar de que o fígado procedía dun adulto, efectuouse unha redución e adaptouse con éxito, pois empezou a reaccionar ben, segundo explicou o cirurxián Evaristo Varo, xefe da unidade de transplante abdominal do complexo hospitalario de Santiago.