Fernando Pariente.

Federico Chopin conquistara París e converteuse no ídolo dos intelectuais capitalinos. No cumio do seu éxito iniciou unha intensa relación pasional coa escritora George Sand, prototipo do futuro feminismo cando aínda non existía o feminismo. Pero o mozo tocado polo éxito era, ao mesmo tempo, perseguido pola fatalidade en forma de contaxio coa enfermidade máis temida da época, a tuberculose. Procurando alivio ao mal que lle diagnosticaran, a parella decidiu pasar o inverno de 1838 nun clima máis benigno e saudable para os danados pulmóns do pianista. Elixiron Mallorca e, unha vez na illa, optaron por instalarse nun dos recunchos máis fermosos, na antiga Cartuja de Valldemosa, situada nas montañas que corren paralelas á costa en dirección nordés. Alí estiveron ata febreiro do ano seguinte, e, aínda que o clima chuvioso daquel ano non acompañou aos desexos do músico, con todo o período resultou fecundo para a súa creación musical.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies