6.1. Criterios de avaliación

Na medida en que os alumnos teñan:

-apresas (ou reforzadas) as ferramentas de análise morfolóxica

-mostrado interese ou sorpresa polos fenómenos presentados

-captada a utilidade de coñecer os mecanismos de derivación e composición para empregalos como recurso xerador dos seus propios discursos,

conseguíronse os obxectivos.

6.2. Actividades de avaliación

Facilítanse algúns textos para levar a cabo unha avaliación. Trátase de aplicar o procedemento apreso:

a) 02-mar-08 (Mercados, 5)

Los precocinados constituyen la base de su actividad. Entre sus platos estrella figuran las miniempanadillas de atún.

mini-empanadillas

b) 07-mar-08 (Fugas, 12)

Esta CSL 27 cuenta con luces de navegación y fondeo, con asientos de piloto y copiloto girables situados bajo el parabrisas [habla de un barco].

gira-ble

c) 02-mar-08 (Mercados, 5)

González dejó de pintar y desde 1990 comercializa su salvapinturas, que «se vende solo -comenta-, no necesito comerciales».

salva-pinturas

6.3. Avaliación das actitudes

Receptividade

¿Chamoute a atención algunha vez algunha palabra e, ao buscar o seu significado, non a atopaches?

¿Es consciente de se interpretas moitas veces o significado das palabras polos seus elementos aínda que realmente non as leras ou escoitaras nunca?

¿Algunha vez pensas que un escritor (ou outra persoa, ao falar) podería elixir unha palabra coñecida en lugar de inventar innecesariamente outra?

Resposta

¿Pareceríache útil poder entender as palabras que para ti resultan novas -ou que realmente o son- grazas a que es capaz de descompolas e atribuírlles un significado a partir dos seus elementos?

¿Paréceche preferible empregar palabras coñecidas ou inventar unha nova? ¿En que casos é mellor elixir unha palabra coñecida e en cales é preferible o neoloxismo da túa colleita?

Valoración

¿Que podes facer se non dispós de suficientes coñecementos como para entender as novas palabras? ¿Poderías consultar nun dicionario o significado dos sufixos e os prefixos?

¿Es capaz de expresar unha idea creando ti mesmo unha palabra cos recursos propios da composición e a derivación?

Organización

¿Proposte facer con lista de formantes para aprender o seu significado e así adquirir un mellor dominio da lingua?

¿Es capaz de atopar unha opción diferente ante un neoloxismo, en especial cando é innecesario?

Caracterización

¿Caracterízaste por ser o alumno que adoita entender as palabras novas grazas a que comprende o que significan os seus compoñentes?

¿Inventas palabras que outros poden entender sen esforzo? ¿Atopas moitas veces a opción máis adecuada sen recorrer ao neoloxismo?

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies