5.1. Orde e secuencia de actividades

A actividade de desenvolvemento do proceso pode incluír un ou varios dos puntos. Segundo o nivel dos alumnos pode pedírselles ou non que sinalen a palabra que se vai a analizar; que separen a base ou que cheguen á raíz; que dean unha explicación do significado da nova palabra ou unha máis precisa do formante empregado; e que as alternativas sexan máis ou menos exactas.

Segundo o curso e se se impartiron xa nocións de morfoloxía ou non, pode facerse a primeira actividade de desenvolvemento do proceso (4.1) de forma interactiva ou unilateral. A segunda actividade de desenvolvemento (4.2) si debería ser interactiva, e recoméndase facela despois de que os alumnos practiquen pola súa conta con algúns dos casos que se ofrecen no punto 4.3.1. Así podería servir para corrixir defectos no proceso.

A actividade de procura de casos nos textos dos xornais máis que difícil é que pode consumir moito tempo -do que case seguramente non se dispón- sen que o feito de seguir empregando máis garanta que se produza algún achado. En consecuencia, parece máis recomendable que o profesor ofreza textos que os conteña. Obviamente, o que haberá que corrixir deseguido será a tendencia a atopar entre cinco ou seis neoloxismos cada dúas liñas.

5.2. Agrupamentos e espazos

En principio, todas as actividades se poden realizar individualmente ou en grupos (de poucos alumnos). Só a de procura de casos antóllasenos pouco adecuada para desenvolver individualmente.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies