Preténdese empregar o xornal para introducir, repasar ou reforzar nocións relativas á formación de palabras á vez que se conecta esta faceta da Gramática co emprego real e actual da linguaxe.

2.1. Obxectivos básicos

  • Entender como se poden formar novas palabras empregando morfemas derivativos ou mecanismos de composición.
  • Recoñecer os morfemas produtivos que presenta unha palabra, así como a base lexemática que serve de punto de partida.
  • Atribuír o significado que corresponde aos elementos derivativos.
  • Recoñecer nunha palabra composta as que serviron para formala e a relación existente entre elas.

2.2. Obxectivos de ampliación

  • Descubrir estes usos no emprego diario da linguaxe.
  • Ser capaces de propor unha alternativa xa existente.
  • Valorar se é preferible (ou inevitable) a palabra de novo cuño fronte á alternativa existente.
  • Escribir algún texto empregando algunha palabra «que non exista».

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies