A noticia do día

  • Quen
  • Que
  • Onde

Esta é a imaxe dun buraco negro A histórica foto confirma a teoría da relatividade e abre unha nova porta para entender os misterios do cosmos

Esta é a imaxe dun buraco negro A histórica foto confirma a teoría da relatividade e abre unha nova porta para entender os misterios do cosmos

R. ROMAR | REDACCIÓN/ LA VOZ | 11/04/2019.

Todo empezou con Einstein fai algo máis de cen anos. E acabou cunha rede de oito telescopios cuxos sinais se combinaron para formar unha especie de xigantesca antena parabólica que cobre toda a Terra e que permitiu obter unha imaxe no corazón da Vía Láctea que entrou con todas as honras na historia da astrofísica e a astronomía. É a primeira vez que se observou un burato negro de forma directa. O nunca visto. E de paso confirmouse a teoría da relatividade en condicións dunha gravidade extrema.

«Tomamos a primeira imaxe dun buraco negro», dixo o director do EHT, Sheperd S. Doeleman, do Center for Astrophysics Harvard & Smithsonian (Estados Unidos). «Trátase dun fito histórico en astronomía obtido por un equipo de máis de 200 investigadores», engadiu.

Os buracos negros son obxectos cósmicos extraordinarios con enormes masas, pero con tamaños extremadamente compactos. A presenza destes obxectos afecta a súa contorna de xeitos extremos, deformando o espazo-tempo e sobrequentando calquera material circundante.

Actividades

1. Unha noticia para a historia que atoparás enteira na páxina 24 ou facendo click aquí. Atención á entrevista que vén ao final de todo.

2. Certo: non resulta demasiado fácil de entender, por iso publicamos tamén este artigo que axuda a comprendela.

3. Pero algúns conceptos si podemos telos claros: astronomía, buraco negro e telescopio entre eles.

4. ¿Quen foi Albert Einstein? ¿Sabías que era xudeu (aínda queda xente en todo o mundo que ten mal concepto dos xudeus) e ademais un inmigrante?

Compartir en Compartir en Facebook Compartir en Twitter Compartir en WhatsApp

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies