Aínda que podemos imaxinar a viaxe a planetas situados ao redor doutras estrelas, non parece posible que cheguemos a viaxar a outras galaxias, nin en persoa nin mediante sondas robóticas. A razón é que aínda que puidésemos viaxar á velocidade da luz – que nada no universo pode superar – tardariamos uns 80.000 anos en chegar á Galaxia Anana de Saxitario, a máis próxima á nosa Vía Láctea. E 160.000 anos en chegar á Gran Nube de Magallanes, que é a seguinte máis próxima. As galaxias están tan lonxe que ningunha tecnoloxía que podamos imaxinar vai poñelas ao noso alcance. Con todo isto non é ningunha traxedia, porque o universo é moi parecido por todas partes: estrelas, planetas, campos de asteroides, nubes de gas e po, buracos negros… Non imos atopar noutras galaxias nada que non teñamos na nosa. 

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies