Fernando Pariente.

Ánxel Casal acometeu no seo da Xeración Nós as tarefas de edición, misión que realizou sempre cunha corrección e unha calidade exquisita. Por esta razón Castelao dixo del: “Casal fizo por Galiza mais que todos nós”. Ao principio a editorial estableceu a súa sede no número 36 da rúa Real da Coruña e despois trasladouse, en 1931, a Santiago. Nunha entrevista que publicou en setembro de 1934 o xornal El Pueblo Gallego anunciou a pechadura da editorial, e a resposta das forzas intelectuais do galeguismo foi a de organizarlle unha homenaxe moi especial a el e á propia editorial o día 7 de outubro de 1934 no hotel Compostela de Santiago. Con todo foi cancelada a causa do estado de guerra decretado polo Goberno republicano tras o levantamento en Asturias.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies