Fernando Pariente.

Eran os tempos de récords en aviación. Os enxeñeiros perfeccionaban as súas máquinas e os pilotos alcadaban novas distancias en arriscadas aventuras. Dende España facía algúns anos, en 1926, que o Plus Ultra realizara a súa fazaña de atravesar o Atlántico, con escalas nas illas Canarias, Cabo Verde, e a illa de Fernando de Noronha. Pero ninguén conseguira un voo desde a península ata América sen escalas. Este foi o reto dos pilotos Mariano Barberán e Joaquín Collar en 1932. Estiveron preparando un avión, chamado Cuatro Vientos, e a viaxe durante case un ano. Axudáballes o mecánico Modesto Madariaga, que, ao final, viaxou ata Cuba para esperar alí a chegada dos seus compañeiros e para volver poñer en forma ao aparello. Os pilotos despegaron de Sevilla o 10 de xuño de 1933 e aterraron en Camagüey (Cuba) ao día seguinte. Estiveran voando 39 horas seguidas e bateran o récord de distancia voada sobre o océano. Un récord efémero que non duraría moito tempo, como tampouco duraron moito as súas vidas, pois o seu aparello desapareceu dez días máis tarde na prolongación da súa viaxe ata México, sen que os seus restos foran atopados xamais.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies