Fernando Pariente.

No século XIX era todo un desafío inventar unha máquina que segara e trillara, ambas cousas. Buscábase aumentar a produtividade do campo nuns anos nos cales a principal preocupación era non pasar fame. De maneira que houbo patentes de modelos que se ían achegando ao que se quería. E un home dunha reputada familia de Chicago procedente en orixe de Irlanda, Cyrus McCormick, acadou sintetizar todos eses descubrimentos e darlles forma nunha soa máquina nun día tal como hoxe do ano 1831. Acababa de inventar a segadora automática, que cumpría cos dous requisitos: facer xustamente iso, segar, e ademais trillar. Todo ten máis mérito porque non consta que Cyrus teña ido á escola, ou se o fixo foi dun xeito moi testemuñal. O home dedicou toda a súa adolescencia e mocidade a deseñar e inventar ferramentas que aliviasen as duras faenas agrícolas a que se vían sometidos, entre outros moitos centos de miles, os escravos negros que tiñan na súa casa.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies