Nesta primeira entrega contamos coa participación de dous centros veteranos: o IES de Valga e o CPR Divina Pastora Franciscanas, de Ourense. As reportaxes teñen moi poucas cousas en común, pero si comparten algo moi importante: os rapaces miraron ao seu arredor, o que se fai no seu centro escolar, para atopar o tema do traballo.
O instituto pontevedrés presenta ao concurso a reportaxe dos alumnos de 4.º de ESO, que traballaron nela desde hai semanas baixo a dirección de Juan Carlos Montejano, o seu profesor de Xeografía e Historia. O IES de Valga ten unha gran vinculación coa industria da construción metálica da zona, e no centro ofrécense varias FP da materia. Os rapaces coñecen as empresas, moitos teñen familia traballando nelas, pero pouco sabían do proceso de facer do aluminio una materia fundamental en tantos ámbitos. Foi esa unha das cousas que mellor aprenderon, segundo conta o seu profesor: «Non sabían da importancia desta industria, pensaban que era algo local e descubriron que estas empresas traballan para equipos de motociclismo ou reciben encargos de Arabia Saudita». Tamén lles gustou moito visitar as fábricas e coñecer o proceso en directo, e tiveron un encontro moi agradable co alcalde de Valga. «Repartíronse moi ben o traballo —explica Montejano— e cada quen aproveitou os seus contactos» para atopar as mellores fontes.
Á hora de redactar, decidiron que repetiran as alumnas que xa o fixeron o ano pasado.
En Ourense, os rapaces do grupo Ecovixiantes do colexio Divina Pastora Franciscanas participan un ano máis neste certame, e para algúns xa é o terceiro. Iso precisamente é o que destaca o seu profesor, tamén de Xeografía e Historia, Gonzalo Sánchez Busons: «Veo que tienen más rigor que antes, que afrontan las entrevistas, por ejemplo, de otra manera. Al pedir opinión a la gente, lo hacen de un modo más profesional, podríamos decir». Os novatos mostran, en cambio, máis impaciencia. «Casi no esperan a que conteste el entrevistado», cuenta Busons.
Unha parte interesante do traballo de Franciscanas é que analizan o que fan eles mesmos: o primeiro ano falaron do consumo de tabaco a partir do programa Clases sen Fume, no que están apuntados; o segundo curso apostaron polo seu comportamento como peóns, xa que teñen varios programas sobre ese tema. E este ano falan do labor de reciclaxe que fan no colexio recollendo cabichas por toda a cidade, facendo limpezas de espazos verdes o xuntando baterías.
«Reflexionar sobre lo que hacen —apunta Busons— es un factor importante del reportaje, igual que ver publicado su trabajo. Que La Voz de Galicia haga de altavoz de lo que hacemos en este colegio, máxime este año, que cumplimos 25 años, me parece muy destacado». Os alumnos soen recibir parabéns dos veciños cando fan as recollidas, xente que lles aplaude e anima, que pon aos nenos como exemplo.
«Valga e a súa contorna, o epicentro do aluminio en España»
Para facer o traballo, os estudantes contactaron con varias empresas da comarca, e de feito visitaron varias delas, pero tamén coa asociación española de fabricantes de aluminio e co alcalde da localidade.
Non se esqueceron do seu futuro máis inmediato e tamén escoitaron o que tiñan que dicirlles profesores dos departamentos de FP que hai no instituto e que son quen forman aos traballadores desas empresas.
A información enriquécese cunha serie de gráficos para ilustrar o sistema de fabricación dos perfís de aluminio e sobre os grandes datos desta industria, que move millóns de euros en Galicia e España.
«Activismo ambiental: 25 años de Ecovigilantes en Ourense»
Este año, además, es especial porque Ecovigilantes, el grupo de activistas que dirige el profesor Gonzalo Sánchez Busons, cumple 25 años. Esto les ha servido para repasar todos los programas en los que están inmersos.
El reportaje hace un recorrido rápido por la historia del grupo y después, en un despiece, enumera hasta quince programas con las características de cada uno. Completa el reportaje una entrevista al profesor que está detrás del programa.
En años anteriores, Ecovigilantes hizo un reportaje sobre el consumo de tabaco en Ourense a partir de su participación en Clases sen Fume, y el año pasado se centraron en su papel como peatones y los programas viales que desarrollan.