« Eu xa recoñecín en abril que o profesorado galego era o peor pagado de España, pero desta forma cumprimos a dignificación á que teñen dereito os mestres». Estas palabras pronunciábaas en xullo do 2003 o por aquel entón conselleiro de Educación, Celso Currás, tras a firma do acordo de homologación salarial que tiña como obxectivo colocar aos profesores galegos como os sextos mellor pagados de España, cun soldo medio de 1.855 euros. 

Hoxe, segundo os cálculos dos sindicatos, os docentes de Galicia atópanse en duodécima posición no que a retribucións refírese. A Xunta escoitou as queixas. E mañá sentará coas organizacións sindicais para abrir unhas negociacións que non se producían desde o ano 2006, que culminou cun acordo asinado por todas as organizacións sindicais. Durante os últimos meses, os sindicatos puxeron en marcha diferentes campañas a favor da homologación salarial, é dicir, equiparar os salarios de 30.000 profesores galegos. 

As diferenzas chegan, nalgúns casos, a 6.000 euros anuais dependendo da comunidade na que exerza un profesor. Un docente de secundaria cobra en Baleares 2.099 euros mensuais brutos. Se tivese a praza no País Vasco, o salario sería de 2.757 euros. En Galicia, o soldo é de 2.276 euros, segundo os datos achegados por Anpe. As diferenzas chegan por parte do complemento específico, diferenzas que CC.  OO. cifra en ata 600 euros dependendo da comunidade. 

Nota importante:  Se picas no título da noticia, abriránseche as ligazóns do Quen, Que e Onde, ademais da proposta de Actividades.

Compartir en Compartir en Facebook Compartir en Twitter Compartir en WhatsApp

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies