Pregunta: Yéssica García, 8 anos, CEIP de Vigo.
Responde: Cristóbal Ramírez Gómez.

¡Claro que si, Yéssica! As mulleres poden ser o que queiran ser, faltaría máis. Antes non, nos tempos dos teus avós seguro que non, pero agora si. Non hai ningunha lei que impida que unha muller sexa astronauta, policía, médico especialista no corazón ou, claro, xornalista. Sempre houbo mulleres que traballaron nos xornais, nas radios e logo nas televisións. Pero fai anos ocupaban postos inferiores e ata cobraban menos que os homes. Agora poden ocupar os mesmos postos e dende logo a lei di que se fan o mesmo traballo teñen que cobrar igual. En La Voz de Galicia hai moitas mulleres. A responsable dos suplementos é muller, por citarche un exemplo. A responsable dos contidos -ou sexa, do que se publica constantemente- na nosa web é outra muller. Teño compañeiras que foron enviadas a buscar noticias (nós dicimos “cubrir a información”) a outros países, e nalgúns casos eran países con conflitos, perigosos, ata con guerra. Así que se queres ser xornalista, ¡benvida!

Fai a túa pregunta

9 + 9 =

Compartir en Compartir en Facebook Compartir en Twitter Compartir en WhatsApp

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies