O certame Xornalismo na Escola, o concurso de La Voz de Galicia e Prensa-Escuela que converte os alumnos de ESO, FP e bacharelato en reporteiros, terá este curso 17 grupos concursantes. Veñen das catro provincias galegas e por primeira vez participan estudantes de formación profesional.

As reportaxes aínda están agora nos primeiros compases, xa que este ano, para non apurar aos profesores, as primeiras publicacións serán o 15 de marzo, para rematar o 24 de maio.

Estes son os profesores e centros participantes:

  • Juan Carlos Montejano, do IES de Valga
  • Gonzalo Sánchez Busons, do CPR Divina Pastora de Ourense
  • Beatriz Malvido, do CPR Sagrada Familia de Cangas
  • Elvira Castro, do IES Francisco Aguiar, de Betanzos
  • Rocío Pérez Porto, xunto con outras compañeiras do departamento, do IES Concepción Arenal, de Ferrol
  • Fiz Cabana, do CPR Obradoiro, da Coruña
  • Beatriz Troncoso Lorenzo, do CPR Santa María (Maristas) de Tui
  • Ana López Formoso, do IES Ramón Menéndez Pidal (Zalaeta), da Coruña
  • Silvia López, do CPI Julia Becerra Malvar, de Ribadumia
  • Miryam Giménez, do CPR María Assumpta (Jesuitinas), de Noia
  • Alberto Salcido, que coordina o traballo de varios profesores nunha reportaxe na que participan catro cursos de primeiro da ESO do IES Rosalía de Castro, en Santiago
  • Javier Rodríguez González, do IES Ribadeo Dionisio Gamallo
  • Manel Yáñez, do IES Ribadeo Dionisio Gamallo
  • Xacobe López, do IES As Barxas, de Moaña
  • Marcos Corgo, do CPI O Cruce, de Cerceda
  • Jacobo Santos Solla, do IES Pedra da Aguia, en Camariñas
  • Rebeca Santamariña, do IES Puga Ramón, na Coruña

As reportaxes tratarán sobre os máis diversos temas, dende a industria do aluminio ata a axuda galega a Ucraína pasando por unha análise do patrimonio local, a alimentación dos rapaces, a forza do cómic manga ou o papel de Europa na nosa pesca. No Rosalía de Castro, os alumnos de primeiro analizarán a situación dos diferentes obxectivos de desenvolvemento sostible, os famosos ODS, da Axenda 2030.

Compartir en Compartir en Facebook Compartir en Twitter Compartir en WhatsApp

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies