PREGUNTA: Xiana, 9 anos, CEIP de Quiroga, Lugo.
RESPONDE: BIBIANA GARCÍA VISOS.

Grazas ás misións espaciais Apollo, que levaron ás primeiras persoas á Lúa fai agora 50 anos, puidemos recoller e traer á Terra case 4 quilos de rocha lunar. Así sabemos que a maior parte da superficie do noso satélite está composta por basaltos, un tipo de roca que contén minerais moi escuros e que se forma nos volcáns. Aínda que na actualidade a Lúa non conta con volcáns activos, si os tivo fai moitos milleiros de anos. Tamén sabemos que a superficie lunar é moi árida, e que a súa textura recorda a area escura mollada, aínda que non o está porque non dispón de auga.

Fai a túa pregunta

10 + 9 =

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies